“Verme” é o nome que recibe este novidoso
dispositivo mecánico capaz de cavar a terra,
limpala e facela fértil.
Do seu funcionamento encárganse
uns operarios vestidos de amarelo
que protagonizan unha morea de aventuras.
Un divertido libro-xogo sen palabras
dos autores de “Balea” ideal para estimular
a agudeza visual e a creación de historias.
En formato acordeón, ao despregalo
transfórmase nun gran mural de dobre cara.